26 de abr. de 2019

O ROSAL

AS PANDERETEIRAS “TREMELIQUE” LEVAN Á NOSA MÚSICA A TERRAS CASTELÁS

Actuarán esta fin de semana 27 e 28 de abril a La Seca (Valladolid)


 Grupo de Pandereteiras Tremelique

Infogauda / O Rosal

 Despois de superar a segunda fase do concurso organizado polo festival Sarmiento Folk Rock, as compoñentes do Grupo de Pandereteiras Tremelique pasan á final que as levará esta fin de semana, 27 e 28 de abril, a La Seca (Valladolid). Defenderán a nosa música coa súa identidade, mesturando actualidade e tradición. 

 Desde o Concello do Rosal desexánlles unha magnífica experiencia e moita sorte nesta andadura, á vez que lle agradecen que leven o nome do Rosal por terras castelás.

Ningún comentario:

Publicar un comentario