26 de abr. de 2019

A GUARDA

Mostra Asociativa  

A Alameda da vila acollerá na tarde do día 11 de maio, a terceira edición deste evento multicultural
 

 Infogauda / A Guarda

 Asociacións e colectivos da vila apuran os preparativos da terceira edición da Mostra Asociativa, un evento multicultural no que as asociacións da vila son protagonistas, dando a coñecer o seu traballo a todos os asistentes ao longo dunha gran xornada cargada de actividades e unha intensa programación que este ano terá lugar o vindeiro sábado día 11 de maio na Alameda de A Guarda.  

 Despois de varias reunións de traballo, serán máis de 30 colectivos participantes, que amosarán o seu traballo na Alameda entre as 16:00 e as 21:00 horas, cunha programación de actividades para todos os públicos.

Programa

16:00h – Actuación conxunta entre A Boalleira e Na Revolta 16:30h – Exhibición de danza Centro Do-Majó 
18:00h – 18:45h – Bloque de actuacións conxuntas entre a Asociación Vento Mareiro, Rock´n´Rolla, Xamaraina e o Coro Arpegios Cantábile. 
18:45h – Actuación da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda 
19:15h – Serán coas actuacións dos grupos Do Lusco ó Fusco e Vento Mareiro 
20:00h Actuación das Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa 
20:30h Actuación de Xerock  

 Ao longo da tarde haberá diferentes postos de información dos colectivos participantes, así coma actividades paralelas nas que se inclúen a realización dunha alfombra floral, práctica deportiva de remo ergómetro, un obradoiro de hockey e patinaxe, un obradoiro de decoración de palma, un obradoiro de henna, un obradoiro de chapas, unha exhibición de patinaxe, xogos, circuito e actividades de airsoft, obradoiro de nós mariñeiros, sopas de letras, aparellos mariñeiros, fotografía e moito máis.  

 Dende o Concello de A Guarda fan un chamamento á participación da cidadanía, para por manifesto unha vez máis a importancia do asociacionismo, a colaboración e a implicación da sociedade en diferentes colectivos, para levar a cabo accións asociativas de interese xeral con diferentes temáticas e fins.

Ningún comentario:

Publicar un comentario