CULTURA
PRESENTADO EN NEW YORK O LIBRO "LUNA Y PANORAMA EN LOS RASCACIELOS"
Foi coordinado polo poeta de A Guarda, Francisco Álvarez (Koki)
Francisco Álvarez Álvarez (Koki) - terceiro pola esq. - cunha representación dos autores que participan no libro
Infogauda / New York
O pasado martes día 9 de abril, no Instituto Cervantes de New York, presentouse, o libro Luna y panorama sobre los rascacielos. Poetas españoles en Nueva York.
Francisco Álvarez Álvarez (Koki), na súa intervención no Instituto Cervantes de New York
O devandito libro foi coordinado polo poeta de A Guarda Francisco Álvarez Álvarez (Koki) e editado polo Consulado General de España en New York.
Capa e contracapa do libro Luna y panorama sobre los rascacielos. Poetas españoles en Nueva York
Ademáis dos poemas aportados polos poetas Inmaculada Lara Bonilla, Francisco Álvarez Koki, Ana Vidal Egea, Juan Navidad, Saida Santana, Almudena Vidorreta, Marcos de la Fuente, Tina Escaja y Gonzalo Sobejano; o libro contén un prólogo da profesora Nuria Morgado e un epílogo do catedrático Alejandro Valverde.
A portada da publicación colectánea e unha reproducción dunha pintura do pintor Pablo Sycet, de Huelva.




Ningún comentario:
Publicar un comentario