30 de abr. de 2019

MONDARIZ

ANA CORREDOIRA AMPLIARÁ A AXUDA A DOMICILIO A TODOS OS VECIÑOS QUE A SOLICITEN PARA ACABAR COA LISTA DE ESPERA E O “AMIGUISMO” ACTUAL

AporM, partido do alcalde de Mondariz, aplica a estratexia de “marear” aos solicitantes para atrasar o proceso de concesión e “cribar” aos “veciños amigos” 

O PP sospeita que o departamento de Servizos Sociais e, en consecuencia o goberno de  AporM, pode estar a incorrer nun delito 

Infogauda / Mondariz

 A candidata do PP á alcaldía de Mondariz, Ana Corredoira, ampliará o servizo de axuda a domicilio a todos os veciños que o demanden, así poñerá fin á lista de espera “eterna” que impide que “moitos dos maiores véxanse obrigados a vivir en condicións difíciles porque non contan con recursos económicos para poder pagar do seu peto a unha persoa que lles axude en casa”. Ademais, e non menos importante, acelerarase a tramitación para a súa solicitude porque “se deixará de marear aos cidadáns” como estratexia para “cribar e concederlla a aqueles amigos de  AporM mentres se lle quita a outros que, supoñen, non son do seu mesma corda política”, explica Corredoira.

 “É inconcibible que se faga política coas necesidades dos nosos maiores, este debería ser un servizo de corazón e non unha arma electoral. Sospeitamos, e iso estamos a investigar, que o departamento de Servizos Sociais está a incorrer nun delito tratando dunha forma indecente aos veciños, cando se lles atende dependendo do día con bo ou mal humor, cando se fai ir varias veces para algo que pode resolverse nunha soa visita, en definitiva, cando se lles marea por culpa da xestión interna deste departamento e da política social do Sr.  Calis”, relata a candidata popular. 

 Se nas eleccións do próximo 26 de maio os veciños de Mondariz dan o apoio suficiente como para que Ana Corredoira sexa alcaldesa, esta situación “acabará desde o día un de goberno” e implantarase “unha xestión eficaz e un sistema igualitario no que quen importe sexan os seus usuarios, os maiores pero tamén as familias” porque “en política non todo vale para gañar”. “Sabemos que a concellería de Servizos Sociais é un dos alicerces fundamentais de calquera administración responsable e así a trataremos, porque na política local a prioridade son as persoas e o seu benestar. É certo que temos que traballar duro para atraer aos mozos a noso poboo pero non podemos esquecer que os nosos maiores necesítannos máis que nunca e non podemos fallarlles”, conclúe Corredoira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario