3 de abr. de 2019

EMPREGO

Os concellos de Oia e O Rosal lanzan un proxecto conxunto de fomento do emprego 

“Rumbo ao Emprego” inclúe formación, orientación, prácticas en empresas e acompañamento individualizado    



 Infogauda / Oia

 Os concellos de Oia e O Rosal lanzan o proxecto conxunto “Rumbo ao Emprego”, que inclúe formación, prácticas en empresas, orientación e acompañamento individualizado para a procura de traballo.  

 Entre os dous concellos ofertarán un total de 20 prazas para esta actividade destinada ao fomento de emprego, a cal se dividirá nos seguintes bloques:  

-Obradoiros de activación para a procura de emprego (15 horas).  
-Formación (60 horas de formación teórica + 60 horas de prácticas en empresas). Poderase elixir entre dúas actividades: operario/a industrial polivalente ou caixeiro/a repoñedor/a.  
-Atención individualizada a cada unha das persoas usuarias do programa.  

Píldoras formativas abertas ao público xeral  

 Así mesmo, o programa incluirá a celebración de 4 sesións de píldoras formativas abertas ao público xeral e nas que se abordarán temas como a orientación, a procura de emprego ou o autoemprego.  

 Estas accións formativas celebraranse os venres do mes de maio e terán unha duración de dúas horas e media por sesión.  

Inscricións  

 A iniciativa conxunta “Rumbo ao emprego” está organizada polos concellos de Oia e máis O Rosal e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra, dentro da liña 2 do Plan Concellos.  

 As persoas que desexen inscribirse ou informarse sobre os detalles da convocatoria poden contactar con ambos concellos a través das seguintes vías:  

-AEDL Concello do Rosal: 986 62 50 00 Ext. 7
aedl@concellodorosal.es  

-AEDL Concello de Oia: 986 36 21 25 Ext. 4                     aedl@concellodeoia.es        

Ningún comentario:

Publicar un comentario