3 de abr. de 2019

OIA

A XUNTA DE GALICIA REALIZA UNHA VISITA INSTITUCIONAL AO CONCELLO PONTEVEDRÉS DE OIA  

· O delegado territorial da Xunta en Pontevedra e a directora xeral de Administración Local analizaron coa alcaldesa a posible firma dun convenio para a compra dos terreos necesarios para a creación dunha área recreativa na parroquia de Mougás  


A alcaldesa de Oia Cristina Correa Pombal, con Marta Fernández-Tapias e José Manuel Cores Tourís
Fotos: X.G.

 Infogauda / Oia 

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, realizaron hoxe unha visita institucional ao concello pontevedrés de Oia onde, xunto a outros temas, analizouse, coa alcaldesa da localidade, Cristina Correa Pombal, a posible firma dun convenio entre ambas administracións para a compra dos terreos necesarios para a creación dunha área recreativa na parroquia de Mougás.  

 Segundo lles avanzou a rexedora de Oia, o concello quere recuperar o entorno do antigo cámping desta parroquia para, nunha extensión de 16.000 metros cadrados, executar unha nova área recreativa, recuperando parte destes terreos, na actualidade degradados, e aproveitando as edificacións xa existentes.  

 Recordou Correa que se trata dun entorno privilexiado, moi preto ao Camiño Portugués pola Costa e dunhas salinas de grande tradición coñecidas como Aguncheiro de Mougás.  


O delegado territorial e a directora xeral de Adminsitración Local, acompañados pola alcaldesa da localidade, comprobaron o resultado dos traballos realizados para mellorar os camiños de Viladesuso, Mougás e Santa María de Oia

 Por outra banda, durante a visita de hoxe, o delegado territorial e a directora xeral de Adminsitración Local, acompañados pola alcaldesa da localidade, puideron comprobar de primeira man o resultado dos traballos realizados para mellorar os camiños de Viladesuso, Mougás e Santa María de Oia, que incluíron actuacións como a renovación da rede de canalización de augas pluviais ou o asfaltado.  

 En concreto, renovouse e ampliouse a rede de canalización de augas pluviais ao longo dun camiño de 60 metros en Mougás e fresáronse, asfaltáronse e instaláronse bordos en diferentes camiños destas tres parroquias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario