A unidade móbil de doazóns de sangue visita A Guarda
O venres día 5, pola mañá e pola tarde, e o sábado día 6 de abril, pola mañá
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará novamente A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará A Guarda, o venres día 5 e sábado día 6 de abril.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural) o venres 5, en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 6, en horario de 10:00 ás 15:00 horas.
Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario