FÚTBOL
SARA ÁLVAREZ ÁLVAREZ, FUTBOLISTA ROSALEIRA, CONVOCADA COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-16
É unha das fixas na Selección Galega e agora tomará parte con España nun Torneo Internacional que terá lugar en Francia. Tamén foi citada Lidia Riveiro Cacabelos
Sara Álvarez “Muñi”
Foto: R.F.G.F.
Infogauda / O Rosal
Sara Álvarez, coñecida futbolísticamente como “Muñi”, actualmente xogadora da Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá - que milita na 2ª División Nacional -, pero formada na canteira da Unión Deportiva Ribera do Rosal, foi convocada coa selección española sub 16 para xogar un torneo en Francia do 16 ao 22 de abril. Dese xeito, Sara Álvarez ve así recompensada a súa extraordinaria tempada no equipo vigués, sendo ademais una das fixas na Selección Galega.
“Muñi” comparte convocatoria con xogadoras de clubes tan importantes como o F. C. Barcelona, Atlético de Madrid S.A.D., Madrid, C.F.F.,..., entre outros.
Ademais de Sara Álvarez Álvarez, tamén está convocada Lidia Riveiro Cacabelos, xogadora galega da U.D. Tacuense. A xogadora meca pertencente ao equipo C do club canario mostrou o seu bo xogo e co seu traballo gañouse este premio.
Lidia acadaba o ano pasado a liga Preferente feminina. Xoga no medio campo e este ano deu o salto ao primeiro equipo xunto con outras compañeiras do Preferente B e C. Tamén foi convocada coa selección sub 17 Canaria, xunto a cinco xogadoras máis.
As xogadoras convocadas concentraranse o luns 15 de abril ás 16:00 horas na
dársena de autobuses da terminal 4 do Aeroporto Adolfo Suárez
Madrid/Barajas, dirixíndose a continuación en autocar á Cidade do Fútbol
de Las Rozas, da Real Federación Español de Fútbol, en Madrid, e viaxarán ao día seguinte con destino a Francia, onde espera o seguinte calendario de partidos dun torneo amigable: España-China (17 de abril), España – República de Corea (19 de abril) e Francia-España (21 de abril).
Ningún comentario:
Publicar un comentario