EDUCACIÓN
REMATOU O OBRADOIRO “OUTRAS FORMAS DE QUERER” NO CONCELLO DO ROSAL
Preto de 60 mozos e mozas de 13 e 14 anos de idade traballaron o temas das relacións de parella na adolescencia
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
Rematou o obradoiro “Outras formas de querer” impartido pola educadora familiar do Concello do Rosal aos grupos de 1º ESO no CPI Suárez Marquier.
Preto de 60 mozos e mozas de 13 e 14 anos de idade traballaron o temas das relacións de parella na adolescencia ao longo de dúas sesións.
Temas como o control, o acoso, a chantaxe emocional ou os celos foron tratados de xeito participativo entre o alumnado.
Tanto este obradoiro - “Outras formas de querer” - que acaba de rematar cos grupos de 1º ESO, como os restantes obradoiros de Afectividade levados a cabo cos grupos de 2ºESO e Sexualidade cos grupos de 3ª ESO, son parte da programación anual que xurde da colaboración entre o concello do Rosal e o CPI Suárez Marquier.
Case 200 alumnos e alumnas de entre 12 e 16 anos de idade traballaron neste curso 2018-2019 as emocións, sentimentos e relacións de parella, de cara a fomentar o bo trato e previr a violencia de xénero entre os máis novos/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario