24 de abr. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN VISITOU O IGAPE

Para tratar e estudar vías para conquerir financiación coas que se poida recuperar o Hotel Pazo do monte Santa Trega


 Fachada principal do hotel restaurante Pazo Santa Tecla
Foto: Turismo de Galicia

Infogauda / Camposancos (A Guarda)

 A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos (A Guarda), que preside José Fernando Martínez Martínez fixo público que "fai uns días acompañados de Roberto José Álvarez Carrero, candidato do PP a alcaldía de A Guarda, unha representación da Comunidade de Montes de Camposancos fomos recibidos polo director xeral do IGAPE, Juan Cividanes Roger, de ascendencia camposina, para tratar e estudiar vías para conquerir financiación coas que se poida recuperar o Hotel Pazo do monte Santa Trega. 

 Seguimos traballando. Grazas Roberto".

Misión e obxectivos do IGAPE
 
  A misión do IGAPE é a de apoiar todas as actividades que contribúan a mellorar o sistema produtivo galego, facilitando os procesos de creación, consolidación e crecemento empresarial. Os obxectivos que pretende levar a cabo pódense concretar en:      

· Impulsar a creación de novas empresas e fomentar decididamente o espírito emprendedor.     

· Incrementar a competitividade das empresas galegas a través da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.     Atraer investimento a Galicia.     

· Facilitar a internacionalización.    

· Apoiar a cooperación e os proxectos colectivos de empresas galegas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario