25 de abr. de 2019

A GUARDA

OS SOCIALISTAS OLGA ALONSO E MODESTO POSE CHAMAN Á CIDADANÍA A VOTAR, PRA FREAR AS TRES DEREITAS

Os candidatos números 1 ao Congreso dos Deputados e ao Senado, polo PSdeG-PSOE  advirten do risco de retroceder nos dereitos e libertades democráticas


A secretaria xeral da Agrupación Socialista de A Guarda, Montserrat Magallanes Álvarez; o alcalde da localidade, Antonio Lomba Baz e os candidatos nº 1, ao Congreso e a Senado pola provincia de Pontevedra

Infogauda / A Guarda 

  A secretaria xeral da Agrupación Socialista de A Guarda, Montserrat Magallanes Álvarez; o alcalde da localidade, Antonio Lomba Baz; concelleiros de A Guarda e súa contorna, afiliados e simpatizantes do PSde-PSOE, recibiron este mércores día 24 de abril, os candidatos números 1 ao Congresos do Deputados e ao Senado, por Pontevedra, Olga Alonso e Modesto Pose, así como a Yolanda Rodríguez, candidata ao Congreso.

  No acto que tivo lugar nun restaurante da vila, interviu en primeiro lugar Montserrat Magallanes Álvarez, que exhortou "(...) a facer un esforzo importante, pra continuar trasladando aos electores ás liñas de actuación do Partido Socialista, e contrapoñendo esas tres dereitas que representan todas exactamente o mesmo (privatización do servizos, a perda de dereitos,...), e en definiva  a perda do benestar social que temos conseguido con moitísimo esforzo nestes últimos 40 anos. E polo tanto eu pídovos a todos os que estades aquí que fagades ese esforzo porque nos xogamos moito, moitísimo, nestas eleccions xerais do próximo domingo (...)".

 Magallanes Álvarez agradeceu aos presentes á "súa asistencia, así como os candidatos ao Congreso e ao Senado, que viñeron para trasladarnos súas experiencias á Guarda, e en definitiva a todo O Baixo Miño".

  A continuación interviu Olga Alonso, mestra e sindicalista, que evocando súa actividade doutrora na UGT, e a distancia existente entre A Guarda e Vigo, dixo que o alcalde Antonio Lomba Baz xa lle "trasladou algunhas das reivindicacións que ten". E desde á perspectiva persoal lembrou "a moitos compañeiros que fixeron moitísimo por sacar adiante propostas e conseguir melloras, en tódolos sectores. Nunha época en que era moi difícil acadar avances. E unha vez logrados, durante algún tempo parecíanos que iso xa non tiña volta atrás. E fixádevos. Dun plumazo acabamos con moitas desas cousas. E que é pior para mín... A sensación de que ainda por riba témoslles que estar agradecidos. Eu lémbrome que no sindicato estábamos traballando a prol das 35 horas, e agora como llo contamos a xente nova? 

 Pero para mín, o peor é a sensación que nos están transmitindo de que temos que conformarnos, o igoal que as persoas maiores que traballaron toda á vida, que fixeron un esforzo e teñen unha pensión, e algúns nos dín que vivíamos por riba das nosas posibilidades. Eu, na miña familia, e a xente que coñezo toda, o único que fixemos toda a vida foi traballar. E sacar adiante unha familia. Intentar ter unha casiña si podías, e sobre todo traballar pensando nos fillos e no seu futuro. E estes gobernos do PP che venden que vivíamos por riba das nosas posibilidades. Por riba das súas posibilidades vivirían algúns. A xente normal non.


 Vista parcial dos asistentes ao acto do PSdeG-PSOE

 Eu creo que esa parte é á mais perigosa. Non somos escravos. Estánnos decindo que iso non se pode cambiar. É mentira, porque o podemos cambiar. Pero temos que seguir loitando. O demostra a xente que está gobernando do noso partido. Que son capaces de facer unha economía máis ou menos saneada, pero co pouco que se ten, pódese empregar ben nos cidadans. E eso é o que temos que transmitir. Que pódese facer á política doutro xeito. E temos que decirlle á xente que a política non é todos eses corruptos, senón que somos xente comprometida de toda á vida, que o que queremos é mirar polos demáis e polo futuro que lle estamos deixando aos demais.

 Nos anos de goberno do PP ás pensións estaban subindo un 0,25 %. Para a maioría dos pensionistas á suba era de un euro. Nestes meses que gobernou Pedro Sánchez o incremento das pensións foi maior. Esa é a diferencia. Porque ao final estamos falando de dignidade. Decían que se subían as pensións que se ía acabar con todo, e se subía o Salario Mínimo Interprofesional ía afectar no emprego. Pois a verdade é que logo das medidas adoptadas polo goberno socialista estáse creando emprego. 

 O que hai que decirlle á xente e que pódense facer as cousas doutro xeito. E que pódese pensar nas persoas (...)".

 Tamén afirmou: "É verdade que temos tamén que apoiar aos empresarios e apoiar á industria, porque ao final é a economía, pero tamén é verdade que os traballadores non somos escravos de ninguén. Hai que invertir nos traballadores.

 Pasos atrás non se deberían de dar. Nunca. Nunca, nunca. Cando unha escoita cousas que dín as dereitas, que nin atenden á sociedade... Cando falan das mulleres non escoitaron nin teñen en conta o que aconteceu nestes dous 8 de marzo. Non miraron todas esas mulleres que sairon a rúa. Soio miran o que queren. Por iso voltas atrás ningunhas (...)". 

 Tamén dixo: "Queremos que nos coñezades. Que nos poñades cara e que volveremos. Porque nós representamos o noso territorio. E o imos representar en Madrid. Entonces as cousas que se piden aquí temos que levalas e temos que mirar que se cumplan.

 O alcalde xa fixo unha lista. Ademáis dixo: Vounas facer gravadas para que queden aí (...)".

 A continuación falou Modesto Pose, de profesión médico, que incidiu en "(...) varios logros como a lei do aborto, ou a do divorcio,..., na que todo o entorno do Partido Popular tentaban dar a entender que os socialistas éramos pouco menos que asasinos.

 Xa non falemos das persoas que teñen outras inclinacións sexuais. Coa lei de vagos e maleantes que existiu, conlevaba a prisión para esas persoas.

 Hoxe vemos discursos... Hai tres dereitas. Son como tres persoas distintas pero un "deus" verdadeiro. A todos algo lles úne. Unha é a dereita franquista. Outra é a dereita clásica e outra é a dereita moderna. Hai un cemento aí que os úne a todos un pouco. E temos que estar ollo avizor.

 Hai moitos partidos políticos: En Marea que sube, que baixa. En Común... Están os que antes eran de Esquerda Unida, agora non se sabe con quen están. É todo un cristo de siglas. 

 Y o Partido Socialista é un partido vello. Efectivamente. Somos o Partido Socialista de sempre. Porque o que nos move os socialistas é a xustiza social, que é a igualdade en libertade. Eses son os principios básicos que nos únen.

 Temos que ter en conta que se as dereitas ás cousas lles saen ben, non hai ningunha dúbida que voltamos ao pasado. E o disfrazarán. Porque estos son verdadeiros mestres en construir mentiras. Non falan do que non queren. Manipulan datos da realidade e repíteno ata a saciedade (...)".

  Modesto Pose referiuse á Cidade da Cultura como "o mausoleo de Fraga, onde se meteron miles e miles de millons", así como tamén "aeroporto que non tiña avións" ou "o recinto feiral de Silleda".

  O candidato nº 1 ao Senado polo PSdeG-PSOE tamén mencionou a "desrregulación dos convenios colectivos", que propiciou o PP. Por iso alertou do risco de involución que conlevan os partidos das dereitas.

 Finalmente o alcalde A Guarda, deulles unha benvida moi especial aos candidatos, a quen lles expuxo ás necesidades que ten á cidadanía como á autopista ou autovía urbana, que nos permita mellorar ás comunicacións actuais entre Tui e A Guarda.

 Tamén mencionou que A Guarda é un concello pequeno no que teñen competencias diferentes administracións (Costas do Estado, Comisión de Límites,...), polo que afirmou que é necesario ter interlocutores no Goberno do Estado. 

 De xeito máis amplo, o alcalde mencionou "a grave erosión acelerada da praia, que desde fai uns anos está minando o litoral da Lamiña, en Camposancos (A Guarda), o que está repercutindo mesmo na liña de fronteira entre España e Portugal. Desde o punto de vista turístico estamos perdendo praia e desde o punto medio ambiental tamén. Eu calculo que xa se perdeu aproximadamente 1 km2 de praia". 

 O alcalde relembrou que "as Eleccións Xerais do vindeiro domingo son moi importantes, porque do seu resultado vai depender que o proxecto de escolleira para protexer e consolidar a praia da Lamiña vaia adiante.

 Cada ano, desde que me toca, veño facendo unhas enmendas aos Orzamentos Xerais do Estado, onde pido un proxecto - que por certo ven do goberno central, dos tempos de José Luis Zapatero -, que se remate unha vía peonil entre A Guarda e Salvaterra. A zona de conexión entre o Muiño e o Rosal está sen facer".

 Asemade, dixo que "é necesario optar ao 1,5% cultural para a Fortaleza de Santa Cruz, que é un (Ben de Interese Cultural (BIC), e polas súas características viríanos moi ben ter esa aportación, e se fose preciso iríamos a outro proxecto.

 Outra das propostas e que o goberno central nos bote unha mán para levar auga potable e saneamento o monte Santa Trega, así como mellora do servizo eléctrico e telecomunicacions. Trátase dun proxecto de 1.700.000,00 euros. Agora mesmo temos un problema. O hotel que temos no monte está pechado. Os novos licitadores, o primeiro que preguntan e pola auga.

 Necesitamos interlocutores en Madrid, e na Zona Franca,... Temos claro que se goberna o Partido Socialista témolos, pero se lles toca a outros, non os temos, porque pasa o mesmo que na Xunta. Temos dificultades de interlocución porque son moi sectarios.

 Temos o exemplo xa escola infantil. Temos o terreo, temos o proxecto, temos os permisos de Patrimonio,... Temos todo para asinar un convenio coa Xunta de Galicia, e o goberno da Xunta deixa pasar o tempo para que chegue o do PP e meta no programa electoral que vai executar unha gardería  (...)". 

  "(...) Eu creo que para A Guarda é importantísimo que continúe un goberno socialista, pois necesitamos interlocutores, toda vez que temos competencias do goberno central aquí. Por outra parte eu estou aterrorizado polo que poida pasar en canto ao retroceso que se poida producir con esa ultradereita, que agora é máis visible. Teño medo polo meus fillos, pola miña profesión -eu son profesor de instituto -, teño medo polo retroceso na igualdade e libertade que temos agora, porque as cousas poden ir a peor (...)".

 "O domingo - dixo finalmente Antonio Lomba - hai que ir a votar, para logo non ter que sair en manifestación. En algún sitio non sairon a votar. Sairon o día seguinte en manifestación. Xa era tarde!(...)".

Ningún comentario:

Publicar un comentario