A voceira do Partido Popular da Guarda, Conchi Ortega, forma parte da candidatura de Pontevedra ao Congreso dos Deputados
• “Sei que é momento de traballar e dar a cara, e despois pedir aos compañeiros que obteñan acta no Congreso e no Senado, que defenda os intereses do Baixo Miño”
Conchi Ortega Martínez, voceira do Partido Popular
da Guarda, forma parte da candidatura que os populares presentan ao Congresos dos Deputados nas próximas eleccións xerais do 28 de abril
Infogauda / A Guarda
Mª de la Concepción Ortega Martínez (Conchi), voceira do Partido Popular da Guarda, forma parte da candidatura que os populares presentan ao Congresos dos Deputados nas próximas eleccións xerais do 28 de abril. Participou na presentación da lista en Pontevedra que tivo lugar o pasado venres, na que tamén estivo o presidente provincial don Alfonso Rueda Valenzuela.
Conchi Ortega manifesta a súa satisfacción por formar parte desta lista, e que o seu compromiso é seguir traballando por A Guarda e o Baixo Miño. “Quero agradecer que o partido confiase en min e que tivese presente á Guarda e ao Baixo Miño para formar parte desta candidatura, pero tamén que tivese en conta o traballo realizado polo grupo municipal popular”, dixo a este xornal dixital transfronteirizo.
Conchi Ortega participou
na presentación da lista en Pontevedra que tivo lugar o pasado venres,
na que tamén estivo o presidente provincial don Alfonso Rueda Valenzuela
Recoñece que aceptou esta proposta “sen pensar, primeiro porque a encabeza Dª Ana Pastor, unha muller que profesionalmente e politicamente o demostrou todo, o vai a seguir demostrando, e en segundo lugar porque cree que estas eleccións son importantes para garantir a unidade de España, a liberdade en todos os territorios, loitar pola igualdade, e por un futuro económico para España, que significará ao final que as persoas poidan vivan mellor. E por estas razóns hai que colaborar e comprometerse, non sirve esconderse, hai que dar a cara nun momento que vivimos con tantas ameazas e apoiar aos compañeiros de candidatura que obteñan acta no Congreso e no Senado, sempre pedindo que defendan os intereses do Baixo Miño. Desde logo sei que formo parte dunha candidatura que é un valor seguro para a defensa da democracia e a Constitución”
Ningún comentario:
Publicar un comentario