30 de abr. de 2019

A GUARDA

TURISMO

Visitas guiadas ao Monte Santa Trega 

Nas fins de semana de maio e xuño  



Infogauda / A Guarda
 Ao igual que en anos anteriores, e na tempada previa ao verán, o Padroado Municipal Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega. 

 As visitas guiadas realizaranse os sábados e domingos dos meses de maio e xuño en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h. 

 Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico do Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas recoméndase facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos. 

 A oferta de visitas guiadas ampliarase na tempada de verán con novas propostas e actividades turísticas no Monte Santa Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario