5 de abr. de 2019

A GUARDA

PATRIMONIO

O Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz reabre súas portas

Vista parcial do interior do Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz
Foto: C.A.G.
 
 Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Baz Lomba, fai público que a partires desta fin de semana o Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz da Guarda abre novamente as súas portas todas as fins de semana e festivos en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Este sábado entrada gratuíta por ser o primeiro sábado do mes. 

 Este horario manterase ata o 14 de xuño. A partires do 15 de xuño, e ata o 15 de setembro o horario de verán será de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas. 

 O Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortificacions abaluartadas transfronteirizas.

Tasas de acceso:

· 1€ adultos.

· 0,5€ menores de 14 anos.
· Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).

Ningún comentario:

Publicar un comentario