ENSINO
Un patio cheo de vida, nova iniciativa para o CEIP A Sangriña
O alcalde e a concelleira de Ensino, con representantes da comunidade do CEIP A Sangriña
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Alumnos, nais e pais, e comunidade do CEIP A Sangriña en colaboración co Concello de A Guarda participan nun proxecto para a mellora do patio do CEIP A Sangriña, que conta co apoio da Escola Superior Gallaecia, de Vila Nova de Cerveira, así como de varias entidades comerciais.
A iniciativa xurde para a mellora dun espazo do centro, empregado polo alumnado nos seus momentos de lecer e deporte, mellorando a convivencia e as relacións entre todo o alumnado.
Entre os obxectivos do proxecto destacan a creación dun patio con diferentes recunchos de aprendizaxe, fomentando a educación para a saúde e a vida saudable, favorecendo a integración dos escolares no patio do recreo implicando a toda a comunidade educativa no deseño deste espazo.
Este venres día 5 de abril o alcalde, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Educación, Mª Elena Baz Rodríguez, visitaron o CEIP A Sangriña para coñecer e interesarse sobre esta importante iniciativa que contará coa colaboración do Concello de A Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario