11 de abr. de 2019

A GUARDA

A subdelegada do Goberno agradece o esforzo da benemérita na vila   

Maica Larriba repasou coa Garda Civil e o concello de A Guarda o operativo de seguridade cidadán  

A subdelegada e o alcalde, Antonio Lomba Baz, subliñan a tranquilidade e a seguridade nas rúas da localidade    


A subdelegada do Goberno visitou no día de hoxe o cuartel da Garda Civil de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba García repasou hoxe co xefe da comandancia da Garda Civil, tenente coronel Manuel Touceda e o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, o operativo de seguridade cidadán despregado nas últimas datas na vila

 A coordinación entre a  Garda  Civil e a Policía Local serviu para reforzar a presenza de patrullas na vila ante un lixeiro incremento de pequenos furtos en establecementos comerciais rexistrados nos últimos meses, afirmouse no encontro celebrado no cuartel da Garda Civil da localidade, no que Larriba, Touceda e Lomba subliñaron que a tranquilidade e seguridade regresaron á vila pola coordinación entre os corpos de seguridade para  unha maior presenza nas rúas. “A presenza das patrullas a pé e en coche no casco urbano de A Guarda sirve de persuasión para os pequenos delincuentes e transmite unha maior seguridade aos comerciantes e a toda a cidadanía da localidade”.

 A subdelegada do Goberno e o alcalde quixeron transmitir o agradecemento á Garda Civil polo esforzo que está a facer co reforzamento das patrullas que está a servir para loitar contra estes pequenos furtos na localidade

 Ao mesmo tempo, Maica Larriba quixo recordar que A Guarda é un pobo tranquilo e seguro a pesar da alarma social que se pode producir nun momento determinado por una pequena acumulación de feitos delituosos “algo que ocorre en moitas vilas da provincia e que, en moitos casos, veñen ligados ao consumo de estupefacientes”, concluíu a subdelegada.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario