3 de abr. de 2019

O ROSAL

NOVA AULA MADRUGA DO CRA NA CASA ESCOLA DE MARZÁN


A alcaldesa visitou a casa escola de Marzán para ver o funcionamento da aula madruga
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal 

 A alcaldesa Mª Carmen Alonso Alonso visitou a casa escola de Marzán para ver o funcionamento da aula madruga que comenzou o luns día 1 de abril a súa andadura nestas instalacións municipais. 

 Logo dun tempo de traballo e consenso entre o Centro Rural Agrupado e o Concello do Rosal, por fin está en marcha este proxecto que facilitará ás familias do Rosal poder conciliar familia e traballo. 

 O Concello, con recursos propios, habilitou as instalacións e aportará os alimentos do almorzo (leite, cacao, zumes, galletas e cereais). 

 O horario de funcionamento da aula madruga é de 8.00 da mañá a 8.50 h., xa que nese momento un autobús recolle aos nenos e nenas en Marzán para distribuilos a cada unha das súas unitarias. 

 Este proxecto terá continuidade no mes de setembro cando o comedor escolar esté listo para empezar a funcionar. Deste xeito o proxecto, promovido pola dirección do centro educativo coa colaboración do concello, terá os seus froitos logo dun tempo de traballo. 

 Desde o Concello do Rosal esperan que teña moito éxito e que elimine ás familias do Rosal as trabas que en ocasións supón conciliar vida familiar e laboral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario