30 de abr. de 2019

A GUARDA

FORMACIÓN

Nova oferta formativa para o mes de maio na Aula CeMIT 


Infogauda / A Guarda

 A Aula CeMIT de A Guarda organiza novos cursos de informática para todas as idades para o mes de maio.

 As inscricións están abertas no Concello e no Centro Cultural (1º andar), chamando ao 986 611 850 ou no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal

 

 Cursos para o mes de maio: 

•    Creación do CV e procura de emprego na rede: Curso que terá lugar de 10:30h a 12:00h os días 13, 15, 20 e 22 de maio. 

•    Iniciación á informática: Curso que terá lugar de 10:30 a 12:00h os días 16, 23 e 30 de maio. 

•    Internet e correo electrónico: Curso que terá lugar de 17:00 a 18:30h os días 13, 15, 20 e 22 de maio.

 •    Mecanografía e procesador de textos (write): Curso que terá lugar de 17:00 a 18:30h os días 14, 21 e 28 de maio. 

 Apertura de aula titorizada para navegación e consultas varias os luns de 12:00h a 13:00h e de 19:00h a 20:00h e os sábados de 10:00h a 12:00h.  

Sobre a Rede CeMIT  

 A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración.

 Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

 O concello de A Guarda manten a Aula CeMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CeMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario