8 de abr. de 2019

A GUARDA

Cheo absoluto na representación teatral de «Bernarda» 

O salón de actos do Centro Cultural resultou totalmente insuficiente para á demanda de entradas que houbo e que esgotáronse días antes da función

Na imaxe un dos intres da función teatral 
Fotos: C.A.G.
Vista parcial da platea do salón de actos do Centro Cultural, coa aforo totalmente cuberto

Infogauda / A Guarda

 O pasado venres día 5 de abril, o salón de actos do Centro Cultural acolleu a representación teatral de «Bernarda», posta en escea pola Compañía Malasombra Producións. Foi, como é habitual nunha localidade como A Guarda, unha única función para a cal, e como prevíase, dado o limitado aforo do devandito salón de actos, e a afección que polo teatro hai na nosa vila, xa se esgotaran todas as entradas dende varios días antes. Como non é a primeira vez que iso acontece, reiteramos que A Guarda necesita un auditorio municipal con un aforo non inferior o que posuía o lamentablemente desaparecido Cine-Teatro Avenida. Ese obxetivo debera figurar como un compromiso ineludible de tódalas cantidaturas que aspiren a ter representación na vindeira corporación municipal do Concello de A Guarda.
 
 “Bernarda” é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable. 
 
 Esta actividade estivo promovida dende a Concellería de Cultura do Concello de A Guarda e enmarcada no programa Pontegal da Deputación de Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario