8 de abr. de 2019

A GUARDA

I Baixo Miño Enduro Experience 

Os gañadores absolutos foron Santos Lemos Ramírez, na categoría masculina; e Desiree Duarte Castro, na categoría feminina; e Javier Vara Blanco, na categoría de e-bikes 

A participación foi de 182 ciclistas 


O alcalde de A Guarda e o concelleiro de Deportes, no acto de entrega dos premios
 Fotos: C.A.G.
 
 Infogauda / A Guarda

 Os montes de A Guarda e do Rosal acolleron o pasado domingo día 7 de abril a “Baixo Miño Enduro Experience”, primeira proba de Enduro da zona. Un evento deportivo que contou cunha partuicupación de 182 ciclistas, e no que se combina a habilidade técnica do DH (Descenso) e a resistencia física do XC (Rally).   

 Durante o percorrido desta proba os participantes tiveron que superar pendentes considerables (ata 1.200 m. de desnivel acumulado), alternando tramos de enlace con outros cronometrados, entre as localidades de A Guarda e do Rosal, cun percorrido total duns 28 km.  

 A “Baixo Miño Enduro Experience” é unha proba puntuable no Open de Galicia de Enduro coa particularidade de ter 5 tramos cronometrados cun percorrido que se realizou nun entorno idílico para a práctica da disciplina de Enduro, cunhas paisaxes espectaculares co río Miño, a costa e o porto de A Guarda, os castros do Monte Santa Trega, o Rosal e os seus viñedos e a desembocadura do Miño.  

 Os participantes sairon ás 8:30 horas dende a Alameda de A Guarda para dirixirse ata o Monte Terroso, onde realizaron os primeiros catro tramos cronometrados, seguido de preto por moitas persoas que non se quixeron perder este evento deportivo.  

 Dende o Monte Torroso os ciclistas desprazaronse ata o Monte Santa Trega, onde realizaron o tramo cronometrado final, rematando este na rúa de Circunvalación, e dirixíndose despois á Alameda de A Guarda, onde tivo lugar a entrega de premios.  

 Nesta I edición da Baixo Miño Enduro Experiencie os gañadores absolutos da proba foron Santos Lemos Ramírez, na categoría masculina; e Desiree Duarte Castro,na categoría feminina; e Javier Vara Blanco, na categoría de e-bikes. 

 Compre destacar o terceiro posto do ciclista local Jonathan Sousa Araujo, na categoría Elite, que o coloca líder na Copa de Galicia de Enduro.  

 Dende o Concello de A Guarda agradecen o traballo realizado pola organización do evento a través do Clube Ciclista Insitu, aos voluntarios, GES de A Guarda, patrocinadores, empresas e a todas as persoas e institucións que fixeron posible que unha proba deste calibre se celebrase na vila de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario