V GALA DO DEPORTE
Terá lugar o vindeiro sábado, 9 de marzo, no Auditorio de Goián
· Como novidade desta quinta edición, ofertarase unha fantástica Xornada Multideporte para a infancia
Infogauda / Tomiño
A V Gala do deporte terá lugar o vindeiro sábado, día 9 de marzo, ás 20:00 horas, no Auditorio de Goián
Como novidade desta quinta edición, ofertarase unha fantástica Xornada Multideporte para a infancia, onde nenas/os poderán practicar bádminton, tiro con arco, tenis de mesa, judo, petanca, etc., de 17:00 a 20.00 horas no pavillón polideportivo de Goián, situado xunto ao auditorio.
A Concellería de Deportes agarda contar coa presenza de colectivos, asociacións, clubs e público en xeral, para rendir homenaxe a todas as persoas deportistas tomiñesas e premiar a aquelas que destacaron neste último ano.
O Concello de Tomiño agradece que se confirme asistencia no enderezo electrónico: deporte@tomino.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario