PATRIMONIO
En Marea presentou no Parlamento de Galicia unha Proposta non de Lei a prol do Conxunto Histórico “Oia-Arrabal Vila Mariñeira”

Xan Lois Vila, concelleiro non adscrito no Concello de Oia e portavoz de Movemento Oia
Movemento Oia / Oia
O pasado mercores día 6 de marzo, Movemento Oia a través das deputadas de En Marea no Parlamento de Galicia, presentou un Proposición non de Lei para aprobar a proposta de Conxunto histórico “Oia-Arrabal de Vila Mariñeira”.
Adheríronse á mesma o PSOE e o BNG e foi rexeitada polos votos do Partido Popular no Parlamento de Galicia. Lamentamos que a alcaldesa de Oia do mesmo partido, non fose capaz de defender esta proposta ante os seus, cando foi aprobada por unanimidade polo Pleno do Concello.
Desde Movemento Oia queremos incidir na importancia desta proposta e a necesidade de perseverar na mesma polo alto potencial que ten para o desenvolvemento do municipio. Ante a escaseza de traballo na zona, sendo os alicerces económicos de Oia os sectores primarios, mar e agricultura, e podendo explotar o potencial turístico que temos, un posible motor económico que xere emprego e fixe poboación.
O ser Conxunto Histórico permitiríanos acceder a subvencións coas que poñer en valor o noso patrimonio, posicionarnos como destino turístico cultural cunha oferta de calidade para atraer a turistas de maior poder adquisitivo e unha maior proxección a través do Camiño de Santiago portugués.
Trátase por tanto de potenciar este sector, mediante un proxecto sustentable para fomentar o turismo cultural, de natureza e de aventura, do que se beneficiaría todo o Concello de Oia, as comarcas do Baixo Miño e o Val Miñor pois trátase dunha oferta complementaria á existente. Maior oferta supón tamén un maior atractivo turístico e máis posibilidades de aumentar as pernoitas en toda a rexión ca repercusión económica que iso representa.
Existe Historia e riqueza cultural suficiente en Oia, para aprobar esa catalogación por parte da Xunta de Galicia, e isto implicaría a realización dun plan parcial para a delimitación da zona histórica coa peonalización, e mellora de todo o patrimonio ao realizar un plan de desenvolvemento e implicar a todas as administracións.
Preténdense recuperar a Camboa, unha zona verde ao longo do rio Lavandeira (con recuperación dos muíños), definir áreas dotacionais para un centro de maiores, zonas recreativas e aparcadoiros que permitan ao turista visitar Oia e namorarse desta paisaxe e esta cultura.
En definitiva, ser unha vila referente do Camiño Portugués dá Costa e de obrigada visita para o turista como o son por exemplo: Allariz, Combarro, Tui ou Baiona, sempre salvando as distancias pois en definitiva, trátase de realizar un proxecto único, e especial, evidentemente debido ás características da paisaxe e os monumentos que se atopan en Oia.
Trátase dun proxecto que permite poñer as bases do noso desenvolvemento e que o investimento que se realice sexa útil de forma que dita investimento sexa rendible.
A pesar de todo o labor realizado polas diferentes administracións a realidade é que Oia non ten nin saneamento en condicións nin auga o que limita enormemente o desenvolvemento. Se non se prevee o desenvolvemento gástanse millóns de euros nun saneamento que non funciona e que non soporta o aumento de volume. Por poñer un exemplo, en Baiona, a instalación da depuradora sí prevee ese desenvolvemento e por iso non queren que se conecte Oia porque implicaría lastrar parte do seu desenvolvemento.
Movemento Oia, aposta por un desenvolvemento sustentable para o que son necesarias innumerables melloras pois Oia, atópase abandonada polo Partido Popular que só realiza o mínimo esforzo e moitas veces nin iso para cumprir coa legalidade Europea, e deixando escapar moitas oportunidades por falta de visión política. Só dende as institucións pódese conseguir reverter esta situación, por iso necesitamos o apoio da cidadanía.
Tanto Movemento Oia como En Marea atopámonos na loita por reverter os recortes de servizos públicos e sociais e comprometidos co desenvolvemento de Galicia.
A Lei 5/2016 de Patrimonio Cultural de Galicia dispón como obxectivo da propia lei a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia, para servir como ferramenta de cohesión social, desenvolvemento sustentable e fundamento da identidade cultural do pobo galego a prol dos intereses da cidadanía.
Constitúe este patrimonio cultural do noso país os bens mobles, inmobles, ou manifestacións inmateriais que polo seu valor artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontolóxico, etnolóxico, industrial, científico e técnico, documental ou bibliográfico, teñan que ser considerados como de interese para a permanencia, recoñecemento e identidade da cultura galega a través do tempo e tamén aqueles nos que non concorras todos os valores enumerados, que se atopen en Galicia, independentemente do lugar no que fosen creados.
Neste contexto, un dos Bens de Interese Cultural máis importante, declarado como monumento nacional no ano 1931, sito no concello de Oia, é o Mosteiro cisterciense de Oia.
Mediante a disposición adicional primeira da Lei 5/2016, todos os bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia coa condición de bens de interese cultural anteriormente a esta lei manteñen esa condición e someteranse ao mesmo réxime xurídico de protección aplicable a estes bens.
O mosteiro sitúase na enseada de Oia e algúns historiadores cren que se asenta sobre un castelo. Datado do ano 1137 medrou polas xenerosas doazóns reais, ademais dos privilexios sobre a representación das parroquias, impostos sobre botaduras de navíos, pesca, e outras. Nado como unha congregación austera baixo a regra de San Bernardo, mostra a simplicidade nas formas arquitectónicas que mostran os ríxidos canons de Claraval, cunha construción en socalcos. É unha fortaleza e foi recinto defensivo do reino de Galicia, ante as incursións portuguesas e piratas, contando con persoal armado.
Posteriormente, foi campo de concentración durante a guerra civil. Inda que forma parte do patrimonio cultural de Galicia e constitúe un dos conxuntos arquitectónicos único no mundo, por ser o único cenobio cisterciense a carón do mar en Europa, non conta cunha infraestrutura e una política de turismo e imbricación tal, que potencie as visitas ao mesmo e ao vasto patrimonio cultural existente na vila de Oia e eno concello.
Así, outra das marabillas é o seu emprazamento, nunha costa batida polo Atlántico que entronca con Portugal a través de numerosas rutas, actuais e antigas como o Camiño portugués da costa, actualmente cun incremento do número de visitantes e peregrinos e que cun axeitado impulso facilitaría tanto o coñecemento deste camiño de peregrinación como que se visitase o concello e os seus sitios máis emblemáticos.
Outras manifestacións culturais importantes son o castro de Canos dos Mouros e petróglifos de Cabeciña, na Punta Centinela, onde se atopan os restos dunha fortificación castrexa feita na Idade Media; os petróglifos da Pousadela,na parroquia de Pedornes, Figueiredo, nos que se representa a única embarcación da antigüidade representada nos petróglifos da Laxe de Auga dos Cebros, co que os primeiros poboadores da zona deixaron constancia da existencia das relacións comerciais co sur do continente fai 4.000 anos, a escena de caza da Pedra do cazador con cervos e os motivos xeométricos, ademais dos petróglifos da Pedreira no mirador da Riña.
Ademais conta tamén con numerosas igrexas como a ermida de San Sebastián, a igrexa de Pedornes, a igrexa de Viladesuso, a igrexa de Mougás, e un faro que limita entre o concello de Oia e o de Baiona.
A propia Cámboa, elemento singular en Galicia necesita unha reconstrución para valorar esta estupenda obra arquitectónica da súa época, o arrabalde da vila, vinculado ao mosteiro, as hortas nas que se cultivaban plantas medicinais, os muíños, a casa da culpa que contén esa lenda coa data de 1816 conforman un conxunto histórico salpicado de numerosos sitios que conxuntamente considerados farían de Oia, vila e concello un dos numerosos sitios de obrigada visita co impulso institucional que se merece.
É necesario que todo este conxunto, formado polo mosteiro de Santa María de Oia, os muíños do río Lavandeira, o acueduto e o pombal; a Cámboa, o porto e a enseada; a Centinela, a casa do concello, o barrio do Arrabalde expoñente da cultura mariñeira, baseada na pesca artesanal ata a capela de San Sebastián, fontes, prazas, cruceiros, petroglifos e outras manifestacións culturais, se revaloricen cunha denominación única decidida entre a veciñanza, os sectores económicos e os institucionais do concello, e a administración autonómica, co fin de mellorar a calidade de vida, poñendo o foco no turismo de calidade, e nas potencialidades e o impacto que ofrece este sector, enfocado á fixación da poboación no rural, a mellora e fortalecemento da saúde económica e cultural das nosas vilas e por extensión da cidadanía de Galicia.
Isto pode levarse a cabo a través do recoñecemento a través do artigo 10.1.g da lei 5/2016 de Patrimonio cultural de Galicia, que daría acceso aos plans especiais de conservación patrimonial da Xunta e o acceso a axudas específicas para conxuntos históricos, que contan con promoción turística institucional.
Por todo o exposto o Grupo Parlamentar de En Marea presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate no pleno: O parlamento de Galicia insta a Xunta a
1.- Realizar todas aquelas actuacións en colaboración coa veciñanza e co concello de Oia e outras institucións para declarar Ben de Interese Cultural o conxunto histórico-artístico Oia, Arrabalde, Vila Mariñeira pola vía do artigo 10.1.g da Lei 5/2016.
2.- Realizar todos aqueles informes, delimitación e composición dos bens integrantes de dito conxunto, así como daqueles que illados ou pertencentes a outras vilas do concello formen parte do mesmo conxunto, con delimitación individual, que se anexarán para a solicitude da declaración do BIC; así como a delimitación consensuada da zona de amortecemento
3.- Promover e facilitar as consultas e alegacións da veciñanza nesta declaración BIC Oia –Arrabalde- vila mariñeira, a través de todas as canles, e tamén das institucións e sectores económicos.
4.- Realizar campañas de promoción da vila e do concello durante a tramitación e posteriormente.
5.- Promover a apertura de negocios turísticos conforme a unha política de turismo de calidade que cumpran co triplo obxectivo de promoción, de fixación de poboación e mellora da poboación en canto a oportunidades de traballo e economía.
6.- Realizar un plan de promoción turística transfronteiriza con Portugal na promoción do Camiño Portugués, tanto da costa como interior, coordinado cos concellos limítrofes, polos que discorre.
TEXTO DA PROPOSTA NON DE LEI PRESENTADA NO PARLAMENTO DE GALICIA POLO GRUPO PARLAMENTARIO EN MAREA

Ningún comentario:
Publicar un comentario