12 de mar. de 2019

O ROSAL

O GRUPO LIROLAI CONVIDA O CONCERTO-PRESENTACIÓN DO SEU SEGUNDO TRABALLO DISCOGRÁFICO "DE VILA EN VILA"

· O vindeiro domingo 17 de marzo ás 18:00 horas, no Auditorio do Rosal


Grupo de Música Tradicional Lirolai / O Rosal

 Dende o grupo Lirolai, temos o pracer de convidarvos o concerto-presentación do noso segundo traballo discográfico "De vila en vila" que terá lugar no Auditorio do Rosal o vindeiro domingo 17 de marzo ás 18:00 horas.  

 Para esta ocasión tan especial estaremos moi ben acompañados pola Escola de Gaitas e Percusión da provincia de Pontevedra e polos nosos amigos da Coral San Telmo de Tui, que tamén participaron na elaboración do CD.  

 Esperamos contar coa vosa asistencia a este acto e que gocedes dunha tarde cargada de música da nosa terra, feita con moito cariño para todos vós.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario