18 de mar. de 2019

MOUGÁS (OIA)

Reunión técnica sobre o proxecto de mellora no Camiño de Lourido (Mougás)   

Mércores ás 19.30 horas na Casa Cultural de Mougás   


Infogauda / Oia

 O Concello de Oia convoca unha reunión técnica para informar á veciñanza sobre o proxecto de ensanche e mellora do Camiño de Lourido (Mougás). A xuntanza celebrarase o mércores ás 19:30 horas na Casa Cultural de Mougás.  

 Desde o executivo municipal do concello oiense indican que no encontro informarase sobre o proxecto e as afeccións a fincas particulares. As persoas propietarias tamén poderán preguntar dúbidas relativas á cesión de terreos así como outras cuestións técnicas.  

 O Concello de Oia agradece a asistencia da veciñanza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario