FAGAMA CELEBROU A SÚA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
· No acto aprobouse a xestión correspondente ao ano 2018 e a actividade prevista para este 2019
Parte dos asistentes, pousan na tradicional foto de familia
Fotos: Casa de Galicia
Infogauda / Madrid
A Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA) celebrou onte a tarde na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria correspondente a 2019, na que aprobou as actividades e orzamentos executados no ano anterior, 2018, e as previsións en ambos os apartados para o ano en curso.
De esquerda a dereita, Miguel Romay, Ovidio Cadeas e Fernando Gómez, vicepresidente, presidente e secretario, respectivamente, de FAGAMA
Ao acto asistiron representantes de diferentes centros e asociacións
Na mesa estiveron, o presidente de FAGAMA, Ovidio Cadenas Queipo; o vicepresidente, Miguel Romay Graña; e Fernando Gómez Rodríguez, na súa calidade de secretario. Á reunión acudiron representantes dalgunhas das entidades que integran a Federación: os centros galegos de Alcalá de Henares, Fuenlabrada, Móstoles, Tres Cantos, Sierra de Madrid e Villalba, a Casa Galega de Alcorcón, a Xuntanza de Galegos en Alcobendas e a Asociación de Taxistas Galegos en Madrid (ATAGAMA).
Tras a repartición entre os presentes da documentación pertinente, e a súa posterior lectura, o acto celebrouse con total normalidade e alta participación.
Entre as citas anuais máis destacadas de Fagama e programadas tamén para este ano, cabe citar, polo súa gran acollida, a celebración do Entroido en Griñón no mes marzo; o Día das Letras, en xuño; a romaría de xuño e o magosto, acto no que se fai entrega do “Castiñeiro de Fagama” que ten lugar en Griñón no mes de novembro, e que sempre rexistra unha gran afluencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario