12 de mar. de 2019

DEPORTES

Tomiño celebrou esta fin de semana a V Gala do Deporte 

Cunha ducia de premios e varias mencións especiais 

O piragüista Rubén Millán e a triatleta Iria Rodríguez, resultaron mellores deportistas absolutos  


A alcaldesa e o concelleiro de Deportes, cos deportistas, clubes i entidades galardoadas
Foto: C. T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño celebrou a pasada fin de semana a 5ª edición da Gala do Deporte; un acto no que se recoñeceu una ano máis, o traballo dos deportistas tomiñeses ao longo do último ano.  

 Os galardóns e recoñecementos atenderon a varias categorías, que foron dende o mellor evento deportivo, á mellor deportista masculino e feminino absolutos.  

 Estes últimos recaeron no piragüista Rubén Millán e na triatleta Iria Rodríguez, respectivamente. 

 Roi Rodríguez e Brais Pereira, foron distinguidos, respectivamente, coma 2º e 3º mellores deportistas masculinos absolutos, e Elena Cañibano e Zaida González, 2ª e 3ª mellores deportistas femininas. (Resto de premios, no listado).  

 A gala, presentada por Terio Carrera, contou coa actuación de Pepo Suevos, (actor de programas e series da TVG), e dun grupo de danza contemporánea. Durante a celebración do evento distinguiuse tamén o mellor adestrador, promesas masculino e feminina, mellor equipo de fútbol, premio afán de superación, mellor equipo base, e mellor evento deportivo. 

  Como novidade desta quinta edición, celebrouse unha xornada multideporte para a infancia, onde nenos e nenas puideron practicar bádminton, tiro con arco, tenis de mesa, judo, petanca, no pavillón polideportivo de Goián, situado xunto ao auditorio.  

 Pecharon a gala os premios aos deportistas con maior proxección deportiva e o premio aos mellores deportistas masculino e feminino absolutos.  

 A Concellería de Deportes, que dirixe Ismael Troncoso, salientou a importante presenza de colectivos, asociacións, clubs e público en xeral, que se deron cita nesta quinta gala para render homenaxe a todas as persoas deportistas de Tomiño e especialmente ás que sobresaíron durante o último ano.  

 Ante un auditorio abarrotado de público, Troncoso lembrou a vontade do equipo de goberno de premiar ao deporte tomiñés e por en valor o esforzo levado a cabo por clubs e deportistas da vila.  

 A alcaldesa, Sandra González, pola súa banda, agradeceu a labor do seu compañeiro de equipo e de todas as persoas que fan posible que o deporte de base sexa máis importante cada día.     

Listaxe de premios:  
MENCIONS ESPECIAIS  

-Xuvenís e infantil AD Tomiño; Tomiño Feminino de F7; Equipo Spartan Team; Benxamís Sociedade Atlética do Trega de Tomiño; Equipo Pumuky Racing; Óscar Álvarez (Rally)     

PREMIO ENTIDADE QUE COLABORA CO DEPORTE
  
ACANOR     


PREMIO A IGUALDADE NO DEPORTE  

Jonathan Martínez (organizador dun evento de defensa persoal feminina)     
 
PREMIO AFÁN DE SUPERACIÓN  

San Xerome Emiliani  
   
PREMIO MELLOR EQUIPO  

Goián, F.C.    

MELLOR ADESTRADOR 

Pablo Pousa e Emilio Rodríguez, do Club Deportivo Miño-Os Teixugos     

MELLOR EQUIPO BASE  

Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño    

DEPORTISTA MASCULINO MAIOR PROXECCIÓN  

Adrián Millán (Tiro con arco).     

DEPORTISTA FEMININO MAIOR PROXECCIÓN  

Candela Fernández (Piragüismo).     

MELLOR PROMESA MASCULINO  

Sergio Rodríguez Martínez (Piragüismo)     

MELLOR PROMESA FEMININO  

Nerea Romero González (Judo)     

MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO  

1. Rubén Millán (Piragüismo):  3°campionato do mundo k4 1000;  3°campionato de Europa k4 1000m; 1°campionato España k4 1000m; 1°campionato España k4 500m;  1°campionato España  k2 1000m         

Roi Rodríguez (Piragüismo): 1º NElo Winte Challege de Portugal;  1º Copa de España de Sprint Olímpico  k1;  1º Copa do mundo de sprint olímpico (Récord do mundo) k1.       

Brais Pereira (Judo):  Campión galego junior;  Subcampión galego absoluto;  Bronce sector nacional junior;  Campión sector nacional absoluto; Sétimo Copa de Europa Junior A Coruña;  Campión Liga Nacional Junior por clubs;  Bronce liga galega de clubes.    

MELLOR DEPORTISTA FEMININO ABSOLUTO  

Iria Rodríguez (Triatlón):  3ª Campionato Galego Absoluto de Inverno, en natación 4×100 estilos;  12ª na Copa de Europa Triatlón;  2ª Copa de Europa Triatlón;  1ª Campionato de España por clubs e por relevos;  3ª Campionato de España de Acuatlón; 47ª Campionato do Mundo de Triatlón; 1ª Campionato de España Triatlón por relevos.     

Elena Cañibano (Judo): Subcampioa galega junior;  Medalla de bronce Campionato de España junior;  Sétima Copa de Europa junior;  Campioa galega liga por clubs;  Subcampioa Copa de España junior; Campioa Copa de España junior;  Campioa sector nacional absoluto.        

Zaida González (Ciclocross):  Gañadora da Copa de Galicia de Ciclocross; Subcampioa galega de Ciclocross; 8ª Sub23 no Campionato de España de Ciclocross; 11ª Sub23 no Ciclocross Internacional Chan de Xaxán; 3ª no Campionato Galego de BTT-XCO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario