PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
PARA A SEMANA DO LUNS 4 AO VENRES 8 DE MARZO DE 2019
Martes, 5
19:30 horas
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a Inauguración da exposición antolóxica de pintura, "PAISAXES GALEGAS", de José Leyra Domínguez unha selección das súas obras máis representativas, de temática esencialmente paisaxística, nas que deixou reflectido a súa contorna idealizada a través da súa mirada, especialmente as frondosas fragas e os densos soutos, cunha paleta rica en cores e predominio dos característicos verdes que resaltan grazas ao persoal tratamento da luz; sen esquecer as mariñas das costas ferrolás: Valdoviño, San Xurxo, Cobas ou Doniños.
José Leyra Domínguez, (1912-1997), ademais de prolífico pintor foi un comprometido intelectual ferrolán, escritor, xornalista, profesor mercantil, licenciado en Dereito, conferenciante, membro da Real Academia Galega...
A mostra antolóxica “PAISAXES GALEGAS” de Leyra Domínguez poderá visitarse nas Salas A e L da Casa de Galicia ata o 29 de marzo en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
Mércores, 6
19:30 horas
Inauguración da mostra de pintura “SENTIMENTOS” de Cuadrado, con obras nas que combina surealismo e simbolismo, e que achegan ao espectador tantas interpretacións como miradas. Mazás, uvas, granadas ou limóns son máis que froitas, porque con elas, Cuadrado ofrece todo un mundo de sentimentos, como amor, luxuria, unión ou amargura. A artista móvese entre a realidade e o soño, con obras cargadas de simbolismo que convidan a reflexionar sobre a dualidade do ser humano, e que logra cunha dobre técnica: óleo e acrílico. Co primeiro destaca a forza do sentimento e co acrílico desvanece o secundario.
A exposición "SENTIMENTOS" de Cuadrado, poderá visitarse na Sala B da Casa de Galicia ata o 29 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
Xoves, 7
19:30 horas
Presentación de “LA ALDEA MALDITA” e “TIERRA DE LOBOS”, os dous primeiros tomos da serie “LA ESPADA DE SAN EUFRASIO”, cómic histórico de aventuras medievais, ambientado na Galicia dos tempos previos á Revolta Irmandiña, do debuxante Miguel Fernández e os guionistas Manuel López Poy e Pepe Rey, publicados por Diábolo Edicións.
No acto intervirán: o debuxante Miguel Fernández; os guionistas Pepe Rey e Manuel López Poy; e Lorenzo Pascual de Diábolo Edicións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario