CINEMA
COLD WAR, GOYA Á MELLOR PELÍCULA EUROPEA, NO CINECLUB POLEIRO
· O xoves, 7 de marzo, ás 21:30 horas, no auditorio de Goián
Rita Alonso / Goián
O xoves, 7 de marzo, ás 21:30 horas, no auditorio de Goián, o cineclub Poleiro proxecta COLD WAR, do director polaco Pawel Pawlikowski. Unha coprodución de Polonia- Francia e Reino Unido de 2018
Sinopse: Coa guerra fría como telón de fondo Cold War presenta una apaixoada historia de amor entre dúas persoas incompatibles, pola diferente orixe e temperamento, pero condenadas a estaren xuntas polo destino.
Premios: Festival de Cannes: Mellor director Premios de Cine europeo: Mellor película, director, montaxe e actriz
Premios Goya: Mellor película europea Oscar: Nominada á mellor director, fotografía e película extranxeira.
L´AMANT DUN JOUR
O xoves 4 de abril, un filme de Philippe Garrel L´AMANT DUN JOUR. Unha producción francesa que conta a historia dunha muller de 23 anos que volta a vivir co seu pai despois dunha ruptura e descubre que ten él una relación cunha moza da súa idade.
WESTERN
O xoves 9 de maio pecha o ciclo WESTERN unha fita de Valeska Grisebach. Unha producción alemana sobre a inmigración. Conta a historia dunha cuadrilla de obreiros alemans que construen unha presa nun pobo búlgaro. As súas malas maneiras non son ben vistas polos veciños e xurde o conflicto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario