CULTURA
“ELISA E MARCELA”, DE NARCISO DE MIGUEL
Conversas literarias e de xénero co autor dese libro
Venres día 29 de marzo, ás 20:30 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos
Elisa e Marcela enamoraron e casaron en 1901 e pola igrexa. Unha historia real de dúas mestras recollida polo historiador da educación Narciso de Gabriel, recentemente publicada por Edicions Xerais de Galicia, e que a cineasta Isabel Coixet levou ao cinema e Netflix estreou en 2018.
A Casa de Montes de Camposancos convida ao coloquio que se levará a cabo co autor, Narciso de Gabriel, sobre esta historia singular e sobre cuestións de xénero, unha preocupación cada vez máis presente na sociedade actual.
Será ás 20:30 horas do venres día 29 de marzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario