27 de mar. de 2019

A GUARDA

PATRIMONIO

DEIXADEZ E ABANDONO DO CASTELO DE SANTA CRUZ      



 



 Cada pouco tempo, podemos contemplar nos medios de comunicación, como o Sr. Alcalde, nos sale a “predicar” sobre os seus grandes éxitos nas infraestructuras, na limpeza e mantemento así como dos novos investimentos que tanto as institucións estatais, autonómicas e provinciais levan a cabo no Castelo de Santa Cruz.     

 Tódalas melloras das que tanto él como o Grupo de Goberno do PSOE, non as ven por ningún lado, nin os visitantes e moitos menos os guardeses. O contrario, cando nos acercamos a esas instalacións, o que atopamos e a maior manifestación da deixadez e abandono das responsabilidades de quen debe traballar pola mellora da nosa localidade, e que fala moito pero “feitos son amores” e os “amores” que él dí sentir polo seu pobo queda reflectido na “panorámica” desoladora deste lugar.      


 



 A reposición de alumeado, asentos, papeleiras, ou sexa, o mobiliairio urbán, é de tan boa calidade, que en poucos meses, perde o color, a forma e o “uso” xa que amosan os maiores síntomas de apodrecemento, na mayoría dos casos, por falta de mantemento.     



 Nas imaxes que acompañamos, tomadas no día de onte, vemos as malas herbas tómana de novo os baluartes e demais compoñentes da zona amurallada, deteriorando as estructuras e a imaxe dos mesmos.     

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, denunciamos esta situación, da que teñen nome e apelido, os responsables de cuidalos e protexelos. O Goberno Municipal do PSOE. 

 A Guarda, 26 de marzo do 2019

 Celso R. Fariñas 
 Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario