5 de mar. de 2019

CAMINHA / A GUARDA

O PP DA GUARDA REUNIUSE CO PSD DE CAMINHA 

PARA TRATAR A CONEXIÓN INTERNACIONAL ENTRE AMBAS MARXES DO RÍO MIÑO  


Robero José Álvarez Carrero - no centro da imaxe - e Óscar Alonso Álvarez - 2º pola esq. - coa deputada e vereadores do PSD
Foto: PP A Guarda 

Infogauda / Caminha / A Guarda

 Representantes do PP da Guarda e do PSD de Caminha (Portugal) reuníronse na localidade lusa para tratar a conexión entre ambas marxes do río Miño.   

 Na mañá de onte día 4 de marzo de 2019, o Partido Social Demócrata de Caminha (Portugal), representado pola deputada da Assembleia da República e vereadora da Câmara Municipal de Caminha, Liliana Silva, os vereadores José Presa e Paulo Pereira, o deputado da Assembleia Municipal, Rui Taxa, e o Presidente do Concelh“ ”o de Distrito, José Lima, mantiveron unha reunión cos representantes do Partido Popular da Guarda, en particular con Roberto José Álvarez Carrero, presidente do PP guardés e concelleiro no Concello de A Guarda, e con Óscar Alonso Álvarez, secretario dos populares no municipio e tamén concelleiro na localidade española.   

A LIGAZÓN PERMANENTE ENTRE A GUARDA E CAMINHA: UN OBXECTIVO COMÚN

 Durante a reunión, ambas as partes expresaron “a importancia desta ligazón, considerando que a travesía e conexión mediante o actual Ferry-boat non é solución ás necesidades actuais de ambos os municipios. A ligazón permanente de ambas as marxes é un obxectivo común que resulta clave para garantir o desenvolvemento socio-económico das localidades e potenciar proxectos de futuro.   

 O obxectivo principal da reunión foi - segundo afirmou Roberto José Álvarez Carrero a este xornal dixital transfronteirozo - unir esforzos e desenvolver estratexias para asegurar unha ligazón internacional entre os municipios de Caminha e A Guarda. Outro dos obxectivos da reunión foi levar esta proposta aos parlamentos galego, español e portugués, así como a inclusión deste tema no próximo Cume Hispano-Luso previsto na cidade portuguesa de Guarda en xuño do 2019”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario