19 de mar. de 2019

A GUARDA

A LAMPREA DO RÍO MIÑO, PROTAGONISTA DOS FINS DE SEMANA GASTRONÓMICOS

· Terán lugar na vila de A Guarda, do 23 de marzo ao 14 de abril de 2019


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Témolo producto. Temos boas cociñeiras e cociñeiros. Polo tanto tan soio é necesario botar a andar o evento. E diso trátase a nova proposta dos fins de semana gastrónomicos, que promovidos polo Concello de A Guarda e coa participación de 10 establecementos (Area Grande, Arruaz, Brétema, Casa Aquilino, Enxebre, La Pizzicata, Marbella, O Cangrexal, O Roxo e Xantar), terán lugar na vila de A Guarda do 23 de marzo ao 14 de abril. 

 Á lamprea, ese ciclóstomo milenario que entra pola desembocadura do río Miño para culminar seu ciclo vital, ocupa na súa captura a expertos pescadores da zoa, no período hábil oficialmente establecido. Por iso, esa riqueza que por vía marítima chéganos o Pai dos ríos galegos debe ter seu disfrute gastronómico, que para iso é un manxar que ofrécenos á Natureza. 

  A lamprea require unha esmerada preparación, máis tódolos restaurantes que indicamos son expertos na súa elaboración e podemos afirmar que é un plato contundente, digno de emperadores. Non en balde, a tradición referínos que para os romanos a lamprea era un manxar de deuses.

 Nos establecementos antes citados vai ser preparada á bordalesa e decir, con arroz e picatostes, sendo á ración á 22 euros e enteira 65 euros.

 En todo caso, é imprescindible efectuar á correspondente reserva previa, no propio establecemento ou chamando por teléfono. 

Area Grande: 986 61 30 91
Arruaz: 986 61 45 71
Brétema: 986 18 46 64
Casa Aquilino: 986 62 72 64
Enxebre: 670 691 403   
La Pizzicata: 986 61 15 34
Marbella: 628 036 357 
O Cangrexal: 986 61 11 07
O Roxo: 986 61 05 32
Xantar: 986 61 18 14  

Ningún comentario:

Publicar un comentario