O BNG presenta moción polo 8 de marzo
Beatriz Lomba (responsábel local do BNG e responsábel da acción feminista na Guarda): “O BNG anima a pobo da Guarda a participar na xornada de folga de mulleres do 8 de marzo”
Infogauda / A Guarda
O BNG presentou unha moción no rexistro do concello na que se solicita “o recoñecemento e o apoio a Galegas 8M e á convocatoria de folga de mulleres do próximo 8 de marzo de 2019”, a súa vez “manifestar a desaprobación da Xunta de Galiza por non ter impulsado unha rectificación das políticas que contribúen á permanencia da desigualdade”.
A moción tamén solicita que “a corporación municipal manifeste o seu compromiso contra as ameazas de retrocesos en materia de dereitos, de forma especial canto a violencia machista, o dereito ao aborto e a permisividade ou legalización dos ventres de alugueiro”.
“O 8 de marzo é un día máis na nosa loita diaria por facermos respectar como mulleres que somos. Non haberá igualdade mentres unha muller viva o terror do machismo instalado en todas as capas da sociedade. Necesitamos dos homes para gañar esta loita, pero o 8 de marzo debemos ser as mulleres as que visualicemos o noso papel na sociedade creando conciencia”, afirmou Beatriz Lomba Rodríguez, responsábel local do BNG e responsábel da acción feminista na Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario