18 de mar. de 2019

A GUARDA

O executivo municipal do Concello de A Guarda solicita que intensifíquese a presenza policial 

· Debido “a preocupación dos comerciantes, veciños e responsables municipais polos roubos que se veñen producindo nos últimos tempos na Guarda”
 
Vista parcial da Casa-Cuartel da Guarda Civil 
Foto: C.A.G.

 Infogauda / A Guarda


 Desde fai algún tempo, certamente máis do que todos quixéramos, os delitos contra á propiedade, concretamente os roubos, están tendo na vila de A Guarda unha frecuencia inusual, motivo polo cal moitos cidadáns - especialmente os titulares de establecementos comerciais e tamén particulares - síntense seriamente perxudicados na súa actividade, que vése directamente afectada, e por conseguinte repercute negativamente na súa economía, factores aos cales hai que engadir á inseguridade que xera ese tipo de accions delictivas. 

 Polas decraracions de comerciantes, industriais, profisionais e veciños, cada vez que constátase ese tipo de incidencias, que ademáis das perdas materiais, conlevan reparacións de urxencia, incomodos e trámites, entre outros inconvintes, a sensación de desamparo desacouga á cidadanía. 

  O que podería interpretarse como unha intención de tentar paliar esa ánomala situación que afecta á sociedade civil, en xeral, e de xeito máis directo, os emprendedores establecidos na nosa localidade, sabemos que na mañá deste luns 18 de marzo o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, mantivo unha xuntanza no Concello co comandante do posto da Guarda, Eligio Rivas; o Xefe da Policía Local, Manuel Ángel González Martínez e o concelleiro delegado da Policía Local, Paulino Rodríguez González 

 Segundo deu a coñecer o executivo municipal do Concello de A Guarda o motivo da reunión foi o de trasladar, por parte do Concello á Guardia Civil, a preocupación dos comerciantes, veciños e responsables municipais polos roubos que se veñen producindo nos últimos tempos na Guarda. Así mesmo, sabedores de que as forzas de seguridade comparten esta preocupación, o alcalde trasladou a necesidade de aumentar a vixiancia na vila, sobre todo en horario nocturno

PREOCUPACIÓN POLA INSEGURIDADE CIDADÁ

 As mesmas fontes municipais indicaron que o comandante coincidiu co alcalde na necesidade de intensificar a presenza policial e trasladoulle que dende hoxe mesmo A Guarda contará cun núcleo operativo que prestará servizo nocturno na vila.  

 Do mesmo xeito o alcalde púxose en contacto coa Subdelegación do Goberno e manterá este mesmo mércores unha xuntanza con Maica Larriba e representantes dos corpos de seguridade, para trasladarlle a preocupación pola seguridade cidadá na Guarda e solicitar reforzo policial”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario