29 de mar. de 2019

A GUARDA

Novas obras de mellora na Praza de Abastos

Comezarán o vindeiro luns día 1 de abril
Fachada posterior da Praza de Abastos de A Guarda
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda informa do inicio das obras de reforma da Praza de Abastos, que se suma ás melloras xa realizadas nos pasados anos e que recolle traballos de eliminación de barreiras, mellora e conservación e equipamentos. O comezo das mencionadas obras será o próximo luns 1 de abril. 

 Segundo informa o executivo municipal vanse executar unha serie de actuacións na Praza de Abastos que consistirán na adaptación total en termos de mobilidade e accesibilidade. 
Vista parcial da planta 1ª da Praza de Abastos
Vista parcial da planta baixa da Praza de Abastos

  As actuacións previstas en instalacións consisten na colocación de portas automáticas nos accesos dende a rúa Julián López e Concepción Arenal, así coma a construción duns aseos accesibles na planta superior e a reforma dos baños existentes. 

 Recuperarase ademais a antiga bóveda de canón da porta de acceso norte, na rúa Julián López, para realzar o valor arquitectónico orixinal do inmoble.

 O edificio da Praza de Abastos data do ano 1921, aínda que xa se realizou unha ampliación e reforma no ano 1955, sendo un dos focos comerciais de maior interese do municipio con varios postos de carnes, embutidos, queixos, peixes e mariscos, froitas e hortalizas, etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario