14 de mar. de 2019

A GUARDA

CULTURA

O Coro de Cámara Gli Appassionati visitará A Guarda 

O sábado día 30 de marzo, ás 20:30 horas, no Centro Cultural

Infogauda / A Guarda

 O pasado día 16 de febreiro comezou no Centro Cultural de A Guarda o Ciclo de Música Coral, contando nesa ocasión coa participación do Coro Diapasón de Ferrol, o Coro Arpegios e o Coro Cantábile, de A Guarda. 

 Despois dese primeiro concerto do Ciclo de Música Coral, o sábado día 30 de marzo, ás 20:30 horas, o Centro Cultural acollerá o segundo, contando coa participación do Coro de Cámara Gli Appassionati, de Vigo.

CORO DE CÁMARA GLI APPASSIONATI
 
 O Coro Gli Appassionati nace no ano 2012 da man da mezzosoprano Nuria Lorenzo. É unha formación coral integrada por xoves apaixoados polo canto e a música en xeral, que os define como grupo. Este coro representa a consolidación dun esforzo por crear unha formación vocal de gran calidade abordando unha gran variedade de repertorio de gran dificultade interpretativa que inclúe obras de música clásica, pop, e do folclore internacional, con plenas garantías de éxito e alto nivel de esixencia.   


  Coro «Gli Appassionati»

 Os seus compoñentes posúen unha sólida preparación vocal e musical así como unha ampla experiencia coral, gañando numerosos premios e contando cun gran palmarés no que se inclúen 10 premios nacionais, 1º Premio no I Certame Nacional de Canto Coral de Villanueva de la Serena de Badajoz, Premio Especial do Público no L Certame da Canción Mariñeira de San Vicente de la Barquera, en Cantabria; finalistas no LXIII Certame Internacional de Habaneras e Polifonía de Torrevieja,  1º Premio no II Certame de Corais Vila de Arbo, entre outros.   

 Súa actuación no Centro Cultural da nosa vila será sen dúbida unha extraordinaria oportunidade de escoitar a unha das mellores formacións corais.

  A entrada é de balde ata completar o aforo. 

 Retirada de entradas previa, dende o 25 de marzo no Centro Cultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario