O presidente de Portos de Galicia mantivo unha reunión de traballo coa confraría de pescadores
O
presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán na reunión
de traballo coa patroa maior da confraría de pescadores, Silvia Crespo, e outros representantes do pósito
Foto: X.G.
Infogauda / A Guarda
O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, mantivo unha reunión de traballo coa patroa maior da confraría de pescadores Santa Tecla, Silvia Crespo, e outros representantes do pósito. Á reunión asistiu tamén o presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra, José Manuel Rosas.
Durante o encontro a representante dos profesionais da actividade portuaria da Guarda trasladou ao responsable de Portos diferentes peticións para a mellora dos servizos e a capacidade operativa do peirao. Así mesmo, solicitou actuacións para a zona portuaria de Camposancos, na que opera tamén o colectivo.
Pola súa parte, o presidente de Portos de Galicia informou de próximas accións a desenvolver polo ente público en ambos peiraos e mostrou a vontade do ente público a colaborar na medida das súas competencias nos acordos entre a confraría e o club náutico da localidade para a explotación da lámina de auga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario