20ª Salón Internacional de Turismo Gastronómico en Ourense
O Concello de A Guarda estivo representado nese evento
Carmen Baz Vicente, propietaria do restaurante Xeito, con dous dos seus colabouradores, no Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrado en Expourense
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda estivo representado a pasada semana na 20º edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrado en Expourense, evento que contou coa participación de 283 expositores e a presenza de 12 países.
Ao longo de 5 días esta feira recibiu máis de 24.000 visitas, contando con numerosos shows de cociña, demostración de produtos, conferencias, catas de viños e moitas actividades de promoción turística e gastronómica.
O restaurante Xeito que rexenta Carmen Baz, ofertou o menú «Porto da Guarda»
Desde o executivo municipal guardés considérase «un escaparate ideal para a promoción do Concello da Guarda a través do restaurante Xeito que rexenta Carmen Baz, quen ofertou o menú «Porto da Guarda» contando cos pratos típicos da cociña mariñeira como o polbo, o peixe espada e, como non, a lagosta da Guarda».
En palabras de Carmen Baz Vicente «este é o 14º ano que participamos e a lagosta da Guarda tivo moito éxito, recibindo numerosos agradecementos e parabéns dos comensais».
Ningún comentario:
Publicar un comentario