Alfonso Rueda destaca aos candidatos da Louriña e Baixo Miño como “o mellor equipo posible” para a comarca
Infogauda / Tui
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda Valenzuela, presentou esta tarde aos candidatos do partido ás Alcaldías de Louriña e Baixo Miño destacando que son “o mellor equipo posible” para os gobernos desta comarca, combinando a experiencia e a ilusión.
No acto puxo en valor a “valentía” de todos eles por dar un paso adiante para tentar mellorar a vida dos seus veciños, ademáis da súa capacidade de xestión seria e eficaz desde o primeiro minuto. “Son candidatos gañadores, integradores e con proxectos útiles para o conxunto dos cidadáns”, destacou.
O presidente provincial remarcou a unidade e a estabilidade do PP, unha marca “recoñecible e fiable que sabe o que é gobernar e asumir responsabilidades”, frente aos “aventureiros” que aínda están buscando candidato ou non saben se van presentarse ás eleccións.
Rueda admitiu que as citas electorais do 28 de abril e o 26 de maio van supor “traballar o dobre”, por eso pediu o máximo esforzo aos candidatos confiando en acadar un magnífico resultado en ambas eleccións nesta comarca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario