23 de feb. de 2019

TOMIÑO

V EDICIÓN DA GALA DO DEPORTE

· Sábado 9 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio de Goián  


 Infogauda / Tomiño

 A V Edición da Gala do Deporte, organizada polo Concello de Tomiño, celebrarase o vindeiro día 9 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio de Goián co obxectivo de premiar ás e aos deportistas tomiñeses destacados neste último ano.     

 Durante o evento entregaranse diferentes galardóns, como o de mellor deportista feminina e masculino, mellor evento deportivo e deportista con maior proxección, entre outros.  

 Entrada de balde e para todos os públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario