O BNG condena as pintadas acontecidas no casco vello de Tui
Carme Núñez, portavoz nacionalista no Concello tudense, condena o que califica coma "actos que degradan o patrimonio tudense"
Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui
Infogauda / Tui
A portavoz municipal do BNG en Tui, Carme Núñez afirma que, so ten "verbas de repulsa" e condena "enérxicamente as pintadas que tiveron lugar nos últimos dias no centro histórico de Tui".
"É lamentábel que haxa persoas que non se decaten do dano que isto fai ao patrimonio de todos e de todas", apuntou a portavoz nacionalista.
"O dereito a libre expresión nunca pode ser efectivo en lugares de interés histórico, cultural ou medioambiental, e o BNG, xa mostrou na etapa de governo a sensibilidade polo patrimonio tudense desde a concellaría da que foi responsábel. Comportamentos como o rexistrado non deben ter cabida na nosa cidade e merecen unha repulsa unánime", concluiu Carme Núñez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario