22 de feb. de 2019

TOMIÑO

A artista Gemma Marqués presenta esta tarde o seu libro “Anónimas” no Mercado Municipal de Tomiño 

· O volume forma parte dun proxecto que pretende visibilizar e por en valor o papel das mulleres “correntes” que traballan de forma anónima por un mundo máis igualitario  


Infogauda / Tomiño

 Dentro da Axenda de Primavera do Concello de Tomiño, a artista guardesa Gemma Marqués presenta esta tarde en Tomiño o seu libro “Anónimas” que da nome a unha exposición que acolle dende hoxe e até o día 11 de marzo, o Mercado Municipal.  

 O libro reúne unha serie de acuarelas orixinais inspiradas en mulleres “normais e correntes” da serie Anónimas, retratos de musas cotiás”. É unha especie de catálogo artístico, editado en idioma galego e castelán, cun texto de Lola Costas.  

 A cita é esta tarde ás 20:00 horas no 1º andar do mercado. Esta é unha actividade para todo público e gratuíta.     

 A artista guardesa pintou xa en Tomiño dous murais alusivos ao tema coincidindo co día da muller; un primeiro, no muro exterior do Campo de Fútbol de Goián, e un segundo, nunha rúa do centro urbano do Seixo.  

 Anónimas é un proxecto que pretende poñer en valor o labor e esforzo diario familiar, laboral das mulleres e reivindicar a todas as nais, avoas, fillas, traballadoras con ou sen nómina, e loitadoras que viven no máis absoluto anonimato”; a súa labor, o seu esforzo diario coa familia e no traballo, non é recoñecido pola sociedade”, explica Marqués.  

 Nos retratos de mulleres a artista enfatiza na mirada, “a potencia feminina reflíctese na maneira de ollar”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario