O PP DE SALCEDA AGRADECE OS VECIÑOS A SÚA IMPLICACIÓN CO PARTIDO E O SEU COMPROMISO CO POBO O LONGO DE TODA A SÚA HISTORIA
· O acto, o que asistiron destacados dirixentes do partido en Galicia, tivo como obxectivo recoñecer o esforzo dos veciños que, dende os seus diferentes cargos, loitaron por Salceda e pola unidade do PP local
Infogauda / Salceda de Caselas
“O PP de Salceda é consciente de que o presente é consecuencia do pasado e por este motivo non quixo pasar por alto o traballo dos membros do partido a nivel local durante as últimas catro décadas”. Dese xeito falou Santiago Rodríguez Rodríguez, portavoz popular no Concello de Salceda, no intre de celebrar por primeira vez unha emotiva homenaxe a todas e cada unha das persoas que traballaron, cada un dende o seu posto, “por unha Salceda mellor baixo as siglas do PP” e grazas ás cales o partido a nivel local é “forte” e está “unido” para camiñar con “ilusión” cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio.
Todos os que nalgún momento da súa vida, durante o últimos corenta anos, loitaron para mellorar o benestar dos veciños de Salceda, dende o partido e dende o Concello, foron os protagonistas deste acto do que o candidato popular á Alcaldía de Salceda, Santiago Rodríguez Davila, ocupouse persoalmente durante semanas para a súa organización. “Na vida hai que ser agradecido e que mellor que selo con todos eles por conseguir que o PP de Salceda fora exemplar o longo de toda a súa historia, tanto a nivel interno como tamén dende a administración, traballando sempre con ilusión, con unidade e con proxecto de futuro”, afirmou Rodríguez Davila.
A homenaxe, que tivo carácter interno e o que asistiron o presidente provincial do PP, Alfonso Rueda; a presidenta do Parlamento, Ana Pastor; e o secretario xeral do PP de Galicia; Miguel Tellado, tivo momentos especialmente emotivos. Durante a celebración proxectáronse diferentes vídeos con fotografías das distintas candidaturas dende o ano 1977 ata do equipo que acompaña no 2019 a Rodríguez Davila. Tamén actos institucionais e inauguracións oficiais que se sucederon durante expuso, “quixemos dar publicamente as grazas e enxalzar ese traballo constante e silencioso que fixestes, por esforzarvos para que as xeracións posteriores puidésemos presumir dunha agrupación local sen fisuras, unida e capaz de enfrontarse a un proxecto de futuro para Salceda sen ter que avergoñarse, con todas as ganas e todo o respaldo de quen antes que nós loitaron polo mesmo obxectivo: o noso pobo e os nosos veciños”.
O PP de Salceda, un partido útil
Durante a súa intervención, Rodríguez Davila, mostrou a súa “ilusión” e as súas “ganas” de seguir traballando por Salceda dende un partido “que demostrou durante case corenta anos que é útil e que se implica cos veciños”. Por ese motivo, expuso,
“quixemos dar publicamente as grazas e enxalzar ese traballo constante e
silencioso que fixestes, por esforzarvos para que as xeracións
posteriores puidésemos presumir dunha agrupación local sen fisuras,
unida e capaz de enfrontarse a un proxecto de futuro para Salceda sen
ter que avergoñarse, con todas as ganas e todo o respaldo de quen antes
que nós loitaron polo mesmo obxectivo: o noso pobo e os nosos veciños”.
Rodríguez Davila comprometeuse a “continuar coa labor” realizado ata o momento e a
“seguir defendendo os intereses de Salceda” dunha forma “honrada” e
“leal” como o “fixestes todos vós a pesar das dificultades”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario