15 de feb. de 2019

MOBILIDADE

O PRÓXIMO ENCONTRO DA ‘REDE TONUCCI’ NO ESTADO CELEBRARASE NO MUNICIPIO DE ALCALA LA REAL EN JAÉN  

· O plenario das cidades dos nenos e as nenas no que participaron a Deputación de Pontevedra e unha ducia de concellos da provincia, aprobaron estatutos de incorporación    


A imaxe corresponde o acto de clausura do IV Encontro en Corralejo
Fotos: D. PO.

Infogauda / Fuerteventura

 O próximo encontro da ‘rede Tonucci’ de cidades dos nenos e das nenas no Estado español celebrará a súa quinta edición no municipio de Alcalá la Real (Jaén). A proposta foi votada por unanimidade dos e das representantes da Deputación de Pontevedra e dos concellos pontevedreses, así como do resto de entidades e recibiu os parabéns do propio pedagogo italiano no plenario celebrado en Fuerteventura.  


A xornada de hoxe no congreso de Fuerteventura serviu tamén para que a comitiva pontevedresa participase na elaboración e aprobación de documentos de funcionamento interno da rede estatal

 A xornada de hoxe no congreso de Fuerteventura serviu tamén para que a comitiva pontevedresa (Cambados, Tomiño, Pontevedra, Ponteareas, A Guarda, O Grove, Ribadumia, Lalín, Vilaboa, A Guarda, Salceda, Vilagarcía e Cangas) participase na elaboración e aprobación de documentos de funcionamento interno da rede estatal, tales como os novos criterios de incorporación, así como da súa futura estrutura. Finalmente adiouse a decisión sobre a creación dun comité de coordinación, que con probabilidade se aprobará no vindeiro 2020 nunha nova sesión plenaria.  


 Nenas e nenos participaron na clausura do IV Encontro

 A clausura do IV Encontro en Corralejo realizouse coa participación dos nenos e nenas do Consello Insular de Infancia e Adolescencia e dos Consellos Municipais de La Oliva e Puerto del Rosario, do presidente do Cabildo, Marcial Molares, así como da conselleira de Educación do Goberno canario, Soledad Monzón, entre outros representantes políticos insulares.  

 Finalmente realizouse unha conferencia aberta ao público xeral por parte de Francesco Tonucci baixo o título ‘Os nenos e as nenas pensan doutra maneira: construíndo unha sociedade dende os dereitos da infancia’ no Pazo de Formación e Congresos de Puerto del Rosario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario