PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
PARA A SEMANA DO LUNS 4 AO VENRES 8 DE FEBREIRO DE 2019
Martes, 5
19:30 horas
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a Inauguración da exposición colectiva "PATAKARTE", do Grupo Pataka, un colectivo artístico formado por persoas moi heteroxéneas, de diferentes idades, estilos e disciplinas creativas, cuxo denominador común é “a paixón pola arte e a palabra” e que as súas reunións foron no bar Negreira de Santiago, coñecido como o "Pataca" pola súa afamada tortilla.
"Pataka" o constitúen nove artistas: os escultores Alfonso Rivero de Aguilar, Andreas Ruiz, Camilo Seira e Ramón Conde; que combinan pintura e escultura, J. Méndez e Vicente Ruiz Soldevilla; o pintor Jorge Agra; a fotógrafa Pilar Feás; e Carita Dubrovin que realiza as súas obras sobre teares, fíos e tecidos.
A mostra PATAKARTE poderá visitarse ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
Mércoles, 29
19:30 horas
Inauguración da mostra "FACENDO CAMIÑOS, FACENDO MEMORIA", en colaboración coa Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL), que cumpre 20 anos en maio. Participan tamén a Consellería de Política Social e o CERMI-Galicia. A exposición ten como obxectivo o sensibilizar sobre esta crecente realidade e a súa problemática que xa afecta a máis de 400.000 persoas na comunidade galega.
A exposición está formada por un total de 20 paneis con imaxes do traballo das asociacións de familiares, de persoas con algunha demencia, así como figuras e gráficos explicativos sobre a enfermidade e a súa repercusión nunha sociedade especialmente envellecida como é a galega.
"FACENDO CAMIÑOS, FACENDO MEMORIA" poderá visitarse ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario