CINEMA
O CINECLUB POLEIRO PROXECTA O FILME "DHOGS"
· O xoves, 7 de febreiro, ás 21:30 h., no Auditorio de Goián
O CINECLUB POLEIRO PROXECTA O FILME "DHOGS"
· O xoves, 7 de febreiro, ás 21:30 h., no Auditorio de Goián
Infogauda / Goián
O xoves, 7 de febreiro, ás 21:30 h., no auditorio de Goián, o cineclub Poleiro proxecta "Dhogs", un thriller dirixido por Andrés Goteira, cun reparto con notoria presenza actoral galega, no que están Melania Cruz, Miguel de Lira, Antonio Durán 'Morris', Carlos Blanco, Iván Marcos, Roi Gantes, María Costas, Xosé López e Alejandro Carro.
Mentres un estraño personaxe cruza as rúas da cidade ao volante dun taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dunha última copa, inconsciente do alude de acontecementos que a arroiará nas próximas horas. Unha fugaz aventura cun executivo será o preámbulo cara a unha espiral de violencia sen sentido aparente, obrigándoa a percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control
Premios:
2017: Festival de Sitges: Sección oficial
2017: Festival BAFICI (Buenos Aires): Sección Vangarda e Xénero
2017: Festival Frighfest (Londres)
2017: Split Filme Festival (Croacia): Mellor Longametraxe 2017: Festival Nocturna: Sección oficial fantástico longametraxes
Críticas:
"Goteira manexa o ritmo, e principalmente as imaxes, con pericia, convertendo a 'Dhog' nunha experiencia silenciosamente inquietante."
Jonathan Holland: The Hollywood Reporter
"Estética clase B, un importante grao de crueldade (sempre dentro do marco do cinema de xénero) e unha serie de situacións de alto impacto, (...) a película seguramente interesará máis que nada aos fans de cinema de culto, de medianoite."
Diego Lerer: MicropsiaCine. com
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario