Campionato de España de Campo a Través da FEDDI 2019
Atletas do Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani participaron nese evento deportivo
O Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani, participou na categoría de habilidades deportivas
Fotos: C. P. S. X.
Fotos: C. P. S. X.
Ariana González Verde / A Guarda
O pasado sábado día 9 de febreiro celebrouse, no parque do palacio da Magdalena en Santander, o Campionato de España de Campo a Través da FEDDI 2019.
O bo tempo acompañou toda a xornada atlética. Houbo unha gran participación de atletas representando a clubes de 12 comunidades autónomas diferentes.
Maite Santos Fernández
Podio da categoría adaptada feminina, con Maite Santos Fernández, na 4ª posición
Armando Verde Moreira- a esquerda da imaxe - no podio de Veteranos homes
O Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani, participou na categoría de habilidades deportivas con Celia López Camacho que acadou a 12ª posición. Na categoría adaptada feminina as representantes foron Maite Santos Fernández (4ª), Nuria Pereira (5ª) e Vanesa Martínez (8ª). E finalmente, a categoría competición masculina participaron Borja Cadilla Lomba (23º) e Armando Verde Moreira (25º xeral e 2º Veterano).
O Club Polideportivo San Xerónimo quere dar a noraboa aos deportistas pola súa participación e seus resultados, e agradececer o traballo de adestradores, monitores, voluntarios e colaboradores que fan posible a realidade do club deportivo.
Gracias aos concellos de Tomiño e o Rosal os nosos atletas luciron chándal novo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario