4 de feb. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Intervencions arqueolóxicas no barrio de Mergelina, no Monte Santa Trega 

· Centraron a penúltima barferencia de Inverno


O alcalde Antonio Lomba presentou o arqueólogo Rafael Rodríguez
Fotos: C. A.G.
Infogauda / Camposancos ( A Guarda)

 O pasado venres día 1 de febreiro de 2019 celebrouse no bar O Couto, de Camposancos, a penúltima barferencia da tempada 2018-2019, titulada «Barrio de Mergelina, un modelo de restauración arqueolóxica» a cargo de Luis Francisco López González.   

 Esta foi a cuarta barferencia do ciclo, e contou cunha gran afluencia de público, o que denota a importancia que ten para a poboación guardesa o xacemento arqueolóxico di Monte Santa Trega.  


 Vista parcial do público que asistiu a barferencia

 Os asistentes coñeceron de primeira man como foron as novas actuacións realizadas, grazas a colaboración da Deputación de Pontevedra, no Castro do Monte Santa Trega. Os traballos desenvolvidos enmarcáronse no protocolo asinado co Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia. A institución provincial promoveu as tarefas de restauración e consolidación do barrio Mergelina, no xacemento do Monte Santa Trega, unhas actuacións que se prolongaron ao longo de 5 meses sobre unha superficie total de 2.642 metros cadrados, para a que se contou cun orzamento de 367.719 euros.   


Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra nun intre da súa intervención


 A restauración e consolidación do xacemento guardés foi executada por Terra Arqueos, coa coordinación de Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra que entre setembro de 2015 e abril de 2016 dirixira a intervención realizada no Monte Santa Trega.   

 Durante a fase de escavación do barrio Mergelina constatouse que o castro foi ocupado antes do que se pensaba, desde o século IV a. C. Tamén sacouse á luz 43 novas estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares e ata 43.833 pezas, que formarán parte do vindeiro proxecto de musealización. 

 A próxima barferencia celebrarase o vindeiro día 15 de marzo na Cafetería Marbella, cunha charla sobre “Castelo de Santa Cruz: 350 anos do fin da Guerra da Restauración na Guarda”, a cargo de Rebeca Blanco Rotea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario