26 de feb. de 2019

A GUARDA

QUE LOCE NO BALCÓN DO CENTRO CULTURAL?


Vista do balcón do magnífico inmoble adicado a Centro Cultural 
Fotos: Infogauda 

 Infogauda / A Guarda

 Calquer persoa, natural ou visitante de A Guarda, que pase por diante do emblemático e fermosísimo inmoble - e con tanta historia - que desde fai anos está adicado a Centro Cultural, poderá observar como no balcón dese destacado edificio, ubicado nas Coutadas, a carón da rúa Rosalía Castro, por onde transcorre a ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa; hai catro mastros con cadansúa enseña que representan - de esquerda a dereita - A Guarda - ainda que polo de agora o noso Concello non conta oficialmente con bandeira -, Galicia, España e Unión Europea, respectivamente. 

 O estado de conservación deses panos non é, o noso modesto entender, o que corresponde, tratándose, como así é, de un edificio público. As veces, por motivos varios, esas cousas acontecen. 365 días á intemperie, non axuda precisamente, á óptima conservación de calquer material. Neste caso, independentemente do significado de cada un deses panos, é obvio que non ían ser unha excepción. 


A imaxe reflicte o estado no que atópanse ás bandeiras


 Dese xeito, á vista do estado - que non imos cualificar, porque á vista de todos está - no que se atopan, coidamos que sería oportuno proceder a súa substitución, pois mantelos así, deteriorados, non dí nada a favor dunha vila que se precia de recibir - como así é - a milleiros de visitantes ó longo do ano. E ademáis, non soio pensando nas persoas que veñen ata este pobo de singulares atractivos, senón tamén, polos propios veciños que góstalles, e con razón, que a vila esté coidada e fermosa. 

 Coidamos que así como no verán de 2018, o executivo municipal do Concello de A Guarda tivo a ben dispór que uns operarios procederan á limpeza exterior do muro de peche dese predio, así como á fachada e pintado do edificio, sería procedente, substituir ás devanditas bandeiras por outras novas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario