CULTURA
DÍA DAS PERSOAS USUARIAS DAS BIBLIOTECAS
Na imaxe a mamá de Ainhoa Gómez Lomba e os tres lectores premiados co gallo do “Día do usuario das bibliotecas”
Foto: C. O. R.
Infogauda / O Rosal
A biblioteca do Rosal adicou o 11 de xaneiro “Día do usuario das bibliotecas”, un recoñecemento moi especial aos mellores lectores do pasado ano.
A biblioteca Municipal do Rosal premia coa entrega dun diploma ás persoas máis lectoras do ano 2018 que acudiron a este servizo durante o ano pasado.
Na categoría adultos, Carlos Torreiro Santos.
Na categoría xuvenil, Sergio Machado Freitas.
E na categoría infantil a mellor lectora foi Ainhoa Gómez Lomba, da que compre destacar que no ano 2018 retirou 138 libros da biblioteca pública municipal.
A Concellería de Cultura do Concello do Rosal inclúe entre outras moitas actividades esta celebración como un instrumento para fomentar a lectura entre a nosa veciñanza, e en particular entre os/as usuarias da biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario